CRTVG

Buscar

O coronavirus atrasa por segunda vez o Raio-Deportivo Abanca

Publicado o 12/01/2021 15:56
O coronavirus atrasa por segunda vez o Raio-Deportivo Abanca
O encontro da sétima xornada da Primeira Iberdrola entre o Deportivo Abanca e o Raio Vallecano foi aprazado por segunda vez pola covid-19.
O xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do conxunto coruñés, que ten a quince xogadoras en illamento tras ser contacto estreito dun positivo en coronavirus.
O choque, que ía disputarse este mércores ás 16.00 horas na Cidade Deportiva Fundación Raio Vallecano, xa fora aprazado o 5 de novembro, nese caso por un positivo no conxunto madrileño.