CRTVG

Buscar

O coronavirus obrigará a adaptar as festas do Nadal á nova realidade

Publicado o 27/09/2020 21:27

As festas do Nadal esixirán este ano un enorme esforzo de adaptación. Aínda quedan tres meses, pero a estas alturas parece evidente que as grandes reunións coa familia e cos amigos deberán quedar en corentena.

En Cataluña, a conselleira responsable de Saúde adiantou que non poderán xuntarse máis de seis persoas. Tampouco sairán as cabalgatas de Reis, polo menos no formato clásico. Haberá que tirar da imaxinación para non renunciar ao Nadal.

Noticias web

27/09/2020