CRTVG

Buscar

O coronavirus non puido co Festiclown de Vilagarcía de Arousa

Publicado o 15/08/2020 21:43

Máscaras, xeles desinfectantes, distancia social. A seguridade de artistas e público obrigou a cambios continuos segundo variaba a normativa, pero a Festaclown 2020 saiu adiante. As actuación vanse concentrar durante esta semana e serán nun único escenario,a praza da Republica. Este sábado a ameaza de chuvia obrigou a poñerse a cuberto. Ademais, había que reservar entrada. As que non se venderon aproveitáronas os máis rezagados apenas dez minutos de que comezara o espectáculo.

Nacho Fungairiño, Organizador "O importante é que a cultura sexa segura, que a risa sexa segura e que as programacións culturais se poidan manter dentro da nova normalidade"

Ao serán sairon ao escenario algunhas das mellores artistas galegas do momento coordinadas por Vanessa Rivas para representar Cirqueiras, un espectáculo para reinvindicar o papel das mulleres na pequena historia do circo, escrita por homes sobre fazañas doutros homes.

 Vanesa Rivas Presentadora da gala "Por exemplo, pois non sei, a primeira muller que con 14 anos xa foi lanzada no royal acuario de Londres no 1877, foi lanzada nun canón enorme a seis metros de distancia foi unha muller e sen embargo coñecemos o número coma o do home bala cando en realidade foi unha muller a primeira"
Nacho Fungairiño Organizador "Seguimos tendo sobre todo unha grande representación galega porque o importante é apoiar eseta cultrua de proximidade e os artistas galegos que ademais teñen un enorme nivel pero tamén catro compañias de moita calidade que veñen de fora"

Asi O Festaclown 2020 mostrará producións galegas como as da Chunga e Befa, Troula ou Catropés, que compartirán cartel con outras chegadas de Italia, Francia ou Chile.
 

Noticias web

15/08/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa