CRTVG

Buscar

O consumo das familias é o motor da nosa economía, segundo o Foro Económico de Galicia

Publicado o 02/10/2019 13:10

O Foro Económico de Galicia presentou este mércores o seu informe sobre a conxuntura do terceiro trimestre do ano. Malia que o crecemento da economía galega sofre a mesma ralentización ca a do resto de España, o informe salienta que Galicia é a terceira comunidade onde máis baixa o número de desempregados.

Ademais, os datos apuntan cara a un cambio no patrón de crecemento do PIB, que nos últimos 5 trimestres presenta só achegas positivas da demanda interna: ascende a 3,3 puntos no último trimestre, o máis elevado dende o terceiro trimestre do ano 2007. Entre os seus compoñentes cómpre salientar o impulso do gasto das familias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019