CRTVG

Buscar

O Constitucional anula a plusvalía cando a taxa supere o beneficio real da venda

Publicado o 01/11/2019 14:46

A contía que debe pagar un cidadán polo imposto municipal de plusvalía non pode superar o beneficio que obten na venda do seu inmoble ou terreo. Así o decidiron por unanimidade os membros do Tribunal Constitucional, que xa en 2017 anulara o tributo nos casos de vendas con perdas.

 A profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago explica que "o que ven agora é a complementar a sentenza do ano 2017. E di que, aínda que haxa unha ganancia. E decir, que ti mercaras por 100.000 e agora vendas por 120.00, estás gañando nesa transacción vinte mil, o imposto nunca poderá superar esa cantidade".

O imposto baseanse nun suposto incremento do valor do terreo que se vende. O Tribunal entende que se non hai beneficio, se estaría tributando por unha renda inexistente.

"O imposto viña gravando plusvalías ficticias. Marcaba cal era a fórmula para calcular o incremento do valor aínda que realmente o contribuínte o que tivera fora unha perda", engade María cadaval.

Non se van revisar os casos con efecto retroactivo pero, á espera de coñecer máis detalles da sentenza, o fallo abre a porta a milleiros de reclamacións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019