CRTVG

Buscar

O Goberno desbloquea 5.500 millóns de euros para comunidades e concellos

Publicado o 11/10/2019 18:43

• Galicia recibirá 334 millóns, lonxe dos máis de 700 que reclama a Xunta

Son 4.700 millóns de euros adicionais para as comunidades autónomas e outros 800 millóns para os concellos. Corresponden ás chamadas entregas á conta, unha parte do financiamento que se actualiza cada ano pero que en 2019 atopou dos obstáculos: non houbo novos orzamentos e o Goberno leva en funcións desde abril. O executivo aprobou este venres un real decreto que resolve o problema. María Jesús Montero, conselleira de Facenda en funcións, di que "significa, de feito, un fortalecemento da autonomía financeira e política das comunidades autónomas e mostra xa un camiño para que no futuro non volvan ser vítimas dun posible bloqueo orzamentario ou institucional do Goberno central".

A Galicia correspóndenlle 334 millóns, lonxe dos máis de 700 que vén reclamando a Xunta. Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, quéixase de que "a Xunta ten que atender moitísimos servizos fundamentais, moitísimos servizos básicos, moitísimos servizos relacionados coa educación, coa sanidade, cos servizos sociais, e se nos falta parte dese orzamento hai cousas que non se poderán atender".

Parte desa reclamación procede dun problema co IVE de 2017 que, segundo a ministra, si precisa duns novos orzamentos para solucionarse.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019