CRTVG

Buscar

O Goberno aproba as taxas Google e Tobin, coas que espera recadar uns 2.000 millóns

Publicado o 18/01/2019 15:12

O Goberno dá o primeiro paso para a creación de novos impostos. Grava cun tipo do 3% os servizos dixitais das plataformas que ingresen máis de 750 millóns a nivel mundial e 3 millóns en España, co que esperan recadar 1.200 millóns. E tamén aprobaron o imposto para as transaccións financeiras.

Isabel Celaá, voceira do Goberno: "Non estamos falando de pequenas operacións. Falamos de empresas moi potentes. Esperamos recadar 850 millóns que se van destinar a pensións".

O Consello de Ministros tamén aprobou remitir ás cortes a proposta de reforma constitucional para limitar os aforamentos do goberno, deputados e senadores aos delitos cometidos no exercicio das súas funcións.

 

Noticias web

18/01/2019

Máis sobre actualidade