CRTVG

Buscar

O Consello da Xunta aproba un decreto para regular os alimentos artesanais e evitar fraudes

Publicado o 26/09/2019 19:49

 A norma fixará as condicións en que son elaborados os produtos que non están adheridos a unha IXP ou a unha D.O. e que se venden como feitos na casa. Controlaranse as materias primas, prohibirase o uso de aditivos e restrinxirase o uso de medios mecánicos a determinadas fases da elaboración. No caso das empresas que fan alimentos artesanais, entre outros requisitos, terán un volume de produción limitado.

O decreto entra en vigor en seis meses, tempo en que se definirán as condicións técnicas que se esixirán para cada produto.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019