CRTVG

Buscar

O Consello da Cultura Galega asina o primeiro acordo de colaboración coas homólogas española, vasca e catalá

Publicado o 26/05/2020 16:23

Un acordo a catro bandas para promover as diferentes culturas e linguas propias do Estado. O Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramon Llul e o Etxepare Euskal Institutua colaborarán para mellorar a proxección a nivel internacional das culturas vasca, catalá e galega.

A presidenta do Consello da Cultura Galega considera que a diversidade lingüística e cultural é un ben patrimonial que cómpre poñer en valor e protexer.

Este primeiro acordo de colaboración conxunta das intitucións culturais de Galicia, Cataluña e Euskadi co Instituto Cervantes desenvolverase ao longo dos próximos catro anos.



 

Noticias web

26/05/2020