CRTVG

Buscar

O Congreso e o Senado rexeitan devolver os cartos do IVE que reclama a Xunta

Publicado o 12/02/2020 14:57

O PP pedía o pagamento ás comunidade autónomas e aos concellos do IVE pendente de 2017. Unha débeda do mes de decembro, que cifra en máis de 3.500 millóns de euros. Galicia reclama 200.

O PSOE culpa da situación o PP e a reforma do sistema feita por Montoro.

Cobrar un IVE, di o PSOE, dun exercicio que xa foi liquidado.

A moción foi rexeitada. Votaron en contra canda o PSOE Esquerra e parte do Grupo Mixto.

O Congreso tamén rexeitou nas últimas horas unha proposta similar do PP. Pedía a devolución ás comunidades autónomas do IVE pendente de 2017. Entre outros, votaron en contra PSOE, Unidas Podemos e BNG, que reclama a creación dunha Facenda galega. 

Noticias web

12/02/2020