CRTVG

Buscar

O Congreso debaterá o vindeiro 11 de decembro sobre o traspaso da AP-9

Publicado o 22/11/2018 16:48

O vindeiro 11 de decembro saberemos se finalmente o Goberno de Sánchez cede as competencias da AP-9 a Galicia. Debaterán no Congreso a Lei de transferencia. Se sae adiante, podería facerse realidade na primavera sempre e cando se reduzan a mínimos os tempos. Deste xeito, a comunidade podería autorizar a construción de novos tramos ou tería, por exemplo, a potestade de sancionar a concesionaria e mesmo subir ou promover descontos nas tarifas. O debate xorde en plena polémica sobre o sostemento da rede viaria e coa posibilidade sobre a mesa de implantar peaxes nas autovías actualmente gratuítas.

O debate da transferencia produciriase tamén poucos días antes do novo encarecemento dos prezos da autoestrada previsto para comezos de ano, despois de que xa se incrementaran a principios deste mes por mor das obras realizadas na ponte de Rande e outras na zona de Santiago, O Morrazo e Vigo. Dende a Xunta din que os prezos son inasumibles e reclaman a redución da peaxe.

Noticias web

22/11/2018