CRTVG

Buscar

O confinamento freou as denuncias por violencia machista

Publicado o 02/10/2020 20:51

As denuncias por violencia machista diminuíron máis dun 14 por cento no segundo trimestre do ano, o máis afectado pola pandemia.

Tamén descenderon, nunha porcentaxe similar, o número de vítimas e as solicitudes de protección.

Segundo o Observatorio contra a Violencia de Xénero, os datos confirman a dramática situación das vítimas obrigadas a vivir o confinamento pechadas cos seus maltratadores.

Os xulgados galegos recibiron entre abril e xuño preto de 1.500 denuncias, un 7% menos ca no mesmo período do pasado ano.

Noticias web

02/10/2020