CRTVG

Buscar

O confinamento deixa pegada no lixo que xeramos

Publicado o 08/04/2020 21:30

Nesta segunda quincena de marzo en Sogama xa notaron cambios no lixo que chega dos 295 concellos onde esta entidade xestiona os residuos. E que notaron?, pois que chega máis lixo en xeral. E dentro destes residuos, maior cantidade de residuos plásticos procedentes dun maior consumo de produtos envasados e tamén un incremento de produtos téxtiles e outros obxectos froito das limpezas que se fixeron nos fogares con motivo do confinamento.

Apuntan dende Sogama que algúns deses refugallos poden estar contaminados polo COVID-19 e que iso obrigou a intensificar as medidas de seguridade do persoal que traballa neste ámbito.

 

Noticias web

08/04/2020