O condutor dun camión queda atrapado tras envocar na A-53, en Santiago
Publicado o 17/08/2020 21:10
A chuvia e o firme esvaradío poden estar detrás dun accidente ocorrido esta tarde en Santiago. Pouco despois das 5, un camión que ía cara a Ourense pola A-53 saíu da vía e quedou co remolque atravesado na estrada.
O condutor estaba inconsciente cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar. Os bombeiros tiveron que axudar a sacalo da cabina para trasladalo ao hospital.
Máis sobre Santiago de Compostela
04/03/2021 14:44
04/03/2021 14:18