CRTVG

Buscar

O Concello pide colaboracion para dar cos autores de pintadas en edificios históricos de Santiago

Publicado o 26/08/2019 13:45

Os técnicos volverán restaurar a porta da igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela. As pintadas tamén afectan Bonaval a pesar de que se pecha pola noite. O Concello da cidade di que esta mesma semana comezarán coa restauración dos elementos danados. Tamén piden a colaboración cidadá para localizar as persoas responsables.

No mesmo centro da alameda compostelá, na igrexa de Santa Susana, os grafitis volven danar a porta principal do templo, así como unha máis pequena do lateral. En outubro do 2018, estas pintadas foron borradas e tamén se retiraron as que danaron a pedra. Pero os vándalos volveron a deixar a súa pegada. Na última visita, só se libraron as paredes.

Os técnicos valoraron os danos e está previsto que esta mesma semana comezen a restauración da porta que vén sendo branco dos ataques ao patrimonio é un dos poucos elementos que se conserva do primitivo templo románico. A igrexa de Santa Susana é unha reconstrución feita nos séculos XVII e XVIII da orixinal, que foi consagrada polo arcebispo Xelmírez no ano 1102 para acoller as reliquias de Santa Susana traídas dende Portugal. Da igrexa orixinal consérvanse, ademais da porta principal, algúns dos partes da fachada a xanela coa súa bufarda, así como a cruz gótica na cima da nave.

Outro dos recunchos da cidade que sofre os ataques constantes da pintura en esprai é o parque de Bonaval. Curiosamente, o seu peche nocturno non evita que as pintadas afloren na igrexa do parque, nos nichos do cemiterio e nas esculturas.

Os gratifis realizados nas paredes encaladas da contorna do templo de Bonaval e nas tapas que pechan os nichos supoñen un dano ao patrimonio, que pode restaurarse coa limpeza e un novo encalado. Piden colaboración cidadá para denunciar os actos vandálicos para que os autores destos danos asuman as consecuencias dos seus actos. Este tipo de accións están tipificadas como delito, por casuar danos en bens protexidos, e a pena é dun a tres anos de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019