CRTVG

Buscar

O Concello e a USC responsabilízanse mutuamente do desleixo no campus

Publicado o 12/10/2020 14:42

Como di o refrán, "un polo outro e a casa sen varrer". Neste caso sen arranxar. Porque un amaño urxente é o que precisan certas zonas do campus universitario de Santiago. Pero nin o Concello nin a propia Universidade consideran que sexa responsabilidade súa.

Beirarrúas levantadas, bancos repletos de maleza, pintadas nas paredes dos edificios, fochancas e mesmo xiringas... Este é o aspecto que presenta o Campus Vida da USC, unha zona repleta de estragos que se van incrementando ano tras ano. As queixas, xeneralizadas por parte dos usuarios, veñen de tempo atrás. 

O problema principal é que dende as institucións non se poñen de acordo sobre quen se ten que facer cargo destas obras. Dende o Concello din que é competencia da Universidade e a USC ten claro que é algo que non lles corresponde. 

A pesar das constantes protestas, o único que de momento hai á vista é a necesidade de deseñar un plan de rehabilitación deste espazo tan transitado.

Noticias web

12/10/2020