CRTVG

Buscar

O Concello de Valga quere presentarse como acusación na causa polo asasinato machista

Publicado o 02/10/2019 11:09

O Concello de Valga celebra ás oito e media desta tarde pleno ordinario. Un dos puntos que se van debater é a posibilidade de participar como acusación no proceso xudicial polo crime machista do pasado 16 de setembro.

Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo, tres mulleres dunha mesma familia, veciñas deste concello pontevedrés, foron asasinadas polo ex-marido dunha delas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019