CRTVG

Buscar

O Concello de Torrevieja recolle máis de 9.000 colchóns abandonados nas rúas en 3 meses

Publicado o 28/10/2019 14:30

Os servizos de limpeza do concello alacantino de Torrevieja retiraron das rúas máis de 9.000 colchóns abandonados, unha media de cen diarios, entre xullo e setembro pasados.

As autoridades non se explican esta situación, xa que non se detectou un aumento significativo da venda de colchóns nos establecementos da localidade.

Segundo a concelleira de Aseo Urbano, a retirada destes colchóns provocou un gasto adicional de 160.000 euros para as arcas municipais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019