A muller asasinada en Oza-Cesuras puido falecer dun tiro na cabeza
Publicado o 17/01/2021 15:16
A investigación avanza e algunhas fontes apuntan a que a vítima, de 33 anos, faleceu dun disparo na cabeza e non dun golpe cun obxecto contundente.
Serían as primeiras conclusións tras o exame do cadáver da vítima. A información transcendeu, pero a Garda Civil non a confirma oficialmente.
O sospeitoso dos feitos, que foi detido con feridas nunha leira próxima á vivenda en que aconteceron os feitos, segue hospitalizado. É un veciño da bisbarra coruñesa.