CRTVG

Buscar

O Concello de Lugo delegará na Xunta as probas para cubrir as vacantes na Policía Local

Publicado o 29/01/2019 14:29

Para axilizar a cobertura de prazas vacantes na Policía Local de Lugo o Concello aposta agora por sumarse á convocatoria unitaria que vai levar a cabo a Academia Galega de Seguridade Pública, unha entidade dependente da Xunta.

Os sindicatos din que esta decisión non foi consensuada pero que pode ser boa ante o que denominan incompetencia do Concello.

O proceso selectivo podería comezar en abril, pero os prazos dos trámites e a posterior formación de 9 meses dos axentes atrasará a súa incorporación ata mediados de 2020. Os sindicatos din que é moito tempo para continuar nas condicións actuais.

Dende o Goberno local aprazan ata a vindeira Xunta de Goberno as explicacións desta decisión que necesitará o acordo do pleno.

Noticias web

29/01/2019

Máis sobre actualidade