CRTVG

Buscar

O Concello de Cambre pídelle axuda á Xunta para porlle freo a unha praga de pulgas

Publicado o 31/10/2019 14:27

A tranquilidade dos veciños de Cambre viuse interrompida nos últimos días por unhas visitantes pouco desexables. As pulgas picaron moitos dos habitantes desta localidade.

Moitos dos veciños afectados avisaron o Concello da presenza de pulgas en distintas zonas da vila. Entre elas, o campo de fútbol.

Manuel Varela Coordinador de Emerxencias e Protección Civil explica que o Concello contratou unha empresa externa e un perito, que ao mesmo tempo que Proteción Civil, revisaron as zonas nas que houbo avisos de pulgas, sen atopar nada.

Inspeccións que polo momento tampouco deron cunha solución ao problema, xa que, segundo fontes municipais, segue sen estar claro de onde procede esta praga de pulgas. Por iso o Concello di que xa lle solicitou axuda á Xunta, e tamén piden a colaboración veciñal.

Unha praga que afecta decenas de veciños de Cambre, e cuxo foco aínda está por descubrir.

Noticias web

31/10/2019