CRTVG

Buscar

O Concello de Betanzos vai crear un Selo de Calidade para a súa famosa tortilla

Publicado o 23/01/2020 20:55

Solta, con ovos e patacas da terra e moita experiencia á hora de facela. Así é a tortilla de Betanzos, famosa en toda Galicia e en toda España. Agora o Concello quere dar un paso máis e crear un selo de calidade, que garanta que a tortilla que se coma na vila é a xenuína de Betanzos. Unha medida moi ben acollida polo hostaleiros que participan cada ano na Semana da Tortilla de Betanzos.

"Xa de por si vén moita xente na semana da tortilla desde A Coruña, que é o lugar máis próximo, ata Asturias e do resto de España... Imaxino que canto máis coñecido, máis publicidade á tortila de Betanzos, máis repercutirá no sector da hostalaría", di Sara Benito, da taberna A Escondida.

Os betanceiros están entusiasmados coa idea, xa que consideran a tortilla como un patrimonio cultural da vila.

"Loxicamente, o mellor que poden facer isto para a vila, porque iso é de toda a vida". "É importante porque ao final moita xente vén só por probar a tortilla, así que é como un pouco patrimonio cultural da vila".

E, de feito, atopamos algúns visitantes que recoñeceron que percorreron centos de quilómetros para probar a famosa tortilla de Betanzos

"E, de feito, vimos desde Viana, que é unha vila de Navarra, aquí a Betanzos a probar a tortilla". "Coñézoa moitísimo. Comina unha vez e eu xa na casa o que fago sempre é tortilla de Betanzos".

Un pulo que pretende dar o Concello ata conseguir, sinalan, que a tortilla de Betanzos sexa recoñecida como a mellor de España.

Noticias web

23/01/2020