CRTVG

Buscar

O Compostela-Deportivo centra as olladas na Liga das Cidades do domingo

Publicado o 24/10/2020 15:18

Era o 10 de setembro de 1995. Fernando corría pola banda, poseido pola malleira do seu Compos ao Deportivo. Era o día da súa estrea en San Lázaro, en Primeira. 4-0.

Aquel era o outro fútbol e eran outros tempos. Agora a bancada estará valeira e daquel adestrador. Aquel Fernando volve co Deportivo. Regresa despois de gañar no último minuto o Salamanca. E o rival será o equipo da súa casa, o seu Compos. Recén ascendido, derrotado por Unionistas e sempre esperanzado.

As cinco da tarde, o domiungo, na TVG2 e na web, Compostela-Deportivo. Pola mañá, abrirán fogo en Barreiro o Celta B e o Rácing. Os dous dispostos a arrincar a primeira vitoria. O Celta B vén de empatar en Guijuelo, os ferroláns de caer co Pontevedra na Malata.

Nos outros dous envites galegos, o flamante Pontevedra estrease en Pasarón. Recibe a Unionistas disposto a consolidar o triunfo de Ferrol e disparar a ilusión. O partido comeza ás cinco e tamén as cinco, o Coruxo de Mateo e compaña tentará recompoñer o xesto e levantar a cabeza en Salamanca.

Noticias web

24/10/2020