Simón apoia o xeneral Santiago e ve "indecente" utilizar fallos no seu discurso
Publicado o 20/04/2020 15:25
Había expectación por se o xeneral Santiago matizaba as súas declaracións de onte, pero o xefe do Estado Maior da Garda Civil non rectificou. En ton emocionado, destacou a súa folla de servizo e dixo que no comité de xestión non hai ideoloxía: "Somos un equipo".
O propio Fernando Simón saíu en defensa do responsable da Garda Civil ao cualificar de indecente o uso de fallos no discurso dos responsables técnicos. Pero o certo é que as palabras do xeneral causaron unha tormenta política: a oposición pide a comparecencia urxente do ministro do Interior, e o sindicato da Garda Civil esixe o seu cesamento.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48