CRTVG

Buscar

O conflito de Alcoa, sen solución de momento

Publicado o 07/10/2020 08:42

Apoios e boas intencións, pero ningunha solución concreta.

Si que se concluiu que o Goberno e mais a Xunta optarán pola vía xudicial para frear o ere de Alcoa e para esixirlle á empresa que devolva todas as axudas recibidas se o aplica.

A Ministra de Industria, Reyes Maroto, asegurou que se están analizando todos os instrumentos xurídicos para garantir o futuro da fábrica de aluminio na Mariña. Tamén se están estudando, din, os instrumentos existentes no marco da Unión Europea para parar os eres e asegurar a producción de aluminio primario. Reyes Maroto engadíu que a empresa Liberty House mantén o seu interese por investir na factoría luguesa. 

Pola súa banda, o secretario xeral de industria Raúl Blanco dixo que lle van esixir a Alcoa que xustifique o cumprimento da lexislación labora e medioambiental; de non facelo, pediranlle que devolva todas as axudas públicas recibidas.

O Conselleiro de Economía, Francisco Conde, asegurou que se Alcoa empeza a aplicar os eres a partir do vindeiro martes, Xunta e Goberno acudirán directamente á vía xudicial para defender a actividade na fábrica e os postos de traballo.

Noticias web

07/10/2020