CRTVG

Buscar

O comité de empresa de Alcoa di que a "vontade de diálogo" da multinacional é "case nula"

Publicado o 04/06/2020 20:03

O comité de empresa de Alcoa di que a vontade de diálogo da multinacional é "case nula". Foi tras a reunión que os representantes dos traballadores mantiveron coa dirección e en que lle pediron que frease os 534 despedimentos anunciados. O comité de empresa quere que Alcoa agarde á mesa multilateral do próximo martes onde estarán presentes os executivos centrais e autonómico porque é neste foro onde deben solucionarse os problemas. 

"Debe ser o Goberno o que obrigue esta empresa a dicir se quere ou non quere facer aluminio e se non quere, dicirlle que se vai e aquí seguimos facendo aluminio porque non se para nin unha soa cuba máis. É o Goberno o que ten que poñer solución a este e é a Xunta a que ten que apoiar esa solución. Pedimos que todos remen na mesma dirección. Pedimos que sexa España quen gañe esta batalla", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Noticias web

04/06/2020