CRTVG

Buscar

O comité de Alcoa pide a suspensión das negociacións do ERE por mor do peche da Mariña

Publicado o 06/07/2020 13:54
O comité de Alcoa pide a suspensión das negociacións do ERE por mor do peche da Mariña

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao pide que se suspendan as negociacións do ERE por mor do peche da Mariña. Este luns rexistraron un escrito para solicitar a suspensión do proceso formal de consultas "debido á restrición de mobilidade e a imposibilidade de poder exercer" o dereito para mobilizarse e a reunirse en asemblea neste período. 

Os días 9, 14 e 23 de xullo están previstos os próximos encontros entre representantes dos traballadores e a dirección da empresa. O comité informou a través dun comunicado que se suspenden as mobilizacións previstas para esta semana. Entre elas, a manifestación do venres na Coruña. 

Porén, este martes manterán unha reunión telemática co secretario xeral de Industria, Raül Blanco. Nun principio os traballadores ían desprazarse ata Madrid.