CRTVG

Buscar

O comité de Alcoa na Mariña inicia a campaña lazos azuis polas electrointensivas

Publicado o 07/02/2020 15:11

Dende esta mañá, boa parte dos negocios, vivendas e mobiliario urbano dos concellos da Mariña estanse a cubrir con lazos azuis. Todos os veciños son conscientes do tremendo impacto que tería o peche da factoría de Alcoa e por iso non dubidan en apoiar os traballadores nas súas reclamacións.

Dende o comité de empresa insisten en que aínda non hai unha data fixa para a aprobación do estatuto das empresas electrointensivas e aseguran que as medidas que ata agora puideron coñecer seguirían deixando a factoría de San Cibrao en peor situación de competitividade que se estivese en, por exemplo, Francia ou Alemaña.

Dende que se presente o estatuto, haberá unha semana de prazo para suxerir modificacións antes de ter o documento definitivo.

Noticias web

07/02/2020