CRTVG

Buscar

O comité clínico revisa a terceira desescalada para evitar contaxios explosivos

Publicado o 26/02/2021 14:10

Comeza a terceira desescalada en Galicia, pero baixo o escrutinio diario do comité clínico.

"Iniciamos esta apertura progresiva co ollo posto nas UCI", sinala Xulio García Comesaña, conselleiro de Sanidade. 

As unidades de críticos marcan a diferenza de mobilidade entre áreas sanitarias. Das da Coruña, Ferrol e Pontevedra non se pode entrar nin saír. Tamén marca a diferenza con desescaladas anteriores a aparición de novas cepas.

"A alta porcentaxe de novas variantes obríganos a estar alerta e máis pendentes dunha posible evolución explosiva", explica Comesaña.

Os expertos que asesoran a Xunta estarán alerta, cunha reunión diaria interna e dúas semanais. Desta vez estarán moi atentos aos parámetros máis temperáns, revisando todos os días as incidencias acumuladas dos concellos, pero poñendo máis atención na incidencia a sete días.

Haberá dous controis á semana, concello a concello, nos que serán máis estritos se a evolución non é boa.


 

Noticias web

26/02/2021