CRTVG

Buscar

O comité clínico propón medidas maís restrictivas de mobilidade e por sectores

Publicado o 12/01/2021 21:21

En menos dunha semana Galicia pasou de 6.000 a case 9.000 casos de covid. A positividade das PCR subiu ata o 12 %, cando a OMS sinala no 5% o limiar en que a epidemia está baixo control. E hai areas sanitarias como a de Santiago en que dan positivo vinte e dúas de cada cen probas.

"Temos un escenario de dúas semanas por diante de grande incerteza e cunha elevada probabilidade de manter unha altísimo número de casos positivos diarios", asegura a ex-conselleira de Sanidade e membro do comité clínico Pilar Farjas.

E o incremento dos contaxios aumenta os ingresos. A Coruña-Cee e Santiago-A Barbanza son as áreas sanitarias con maior presión hospitalaria.

"Chegamos a ter onte máis de cen e antes do Nadal conseguiramos chegar só ata 30, e iso que aínda non recollemos todo o que, sen dúbida, teremos que recoller do Nadal", aseguraba o doutor Antelo, xefe da unidade de enfermidades infecciosas do CHUS.

O comité clínico propuxo novas medidas para intentar frear a expansión do virus nas próximas semanas. Pasarían, entre outras, por limitar os horarios de toda actividade non esencial e reducir a mobilidade por concellos.

"Foi moi evidente que os peches perimetrais en grandes améndoas non funcionan porque dentro se mantén o movemento, polo que se debe intentar reducir a mobilidade entre concellos", recoñecía Pilar Farjas.

As medidas completaríanse cun maior esforzo diagnóstico. PCR e, sobre todo, máis test de antíxenos en Atención Primaria.

Noticias web

12/01/2021