CRTVG

Buscar

O colexio de farmacéuticos de Lugo ofrece que se fagan tests de covid nas oficinas de farmacia

Publicado o 24/10/2020 14:51

Detectar canto antes a covid-19 favorece que haxa menos propagación do virus, por eso é importante realizar os tests que identifiquen os doentes.
En Lugo, o colexio de farmacéuticos propón que se poidan realizar nos establecementos, como xa están facendo en Ourense.

Os profesionais botan de menos un protocolo de medidas de seguridade. De momento é unha suxestión que permitiría identificar os pacientes asintomáticos.

A proba consiste na análise dunha pinga de sangue. É un cribado de anticorpos que detecta se se pasou xa a enfermidade ou se se está a pasar nese momento. De aí que sexa fundamental realizala por profesionais e con seguridade.

Defenden os farmacéuticos o servizo público que realizan, e que ademais en moitas localidades son o centro sanitario máis próximo ao cidadán.

Noticias web

24/10/2020