CRTVG

Buscar

O Colexio de Enfermería de Ourense realiza test rápidos de balde

Publicado o 19/11/2020 14:21

Enfermeiras de Ourense, de xeito voluntario, comezaron hoxe a facer tests serolóxicos de balde na sede do seu colexio profesional. Unha iniciativa única no país grazas a un convenio con Sanidade que busca detectar persoas asintomáticas e realizar un estudo epidemiolóxico no concello de Ourense.

Calquera cidadán que se achegue dende hoxe ao Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, con cita previa, pode saber en quince minutos se pasou a enfermidade ou se agora mesmo está infectado coa covid-19. Sons uns tests rápidos que teñen dobre banda e detectan os anticorpos IGG e os IGM.

Unha das persoas que se achegou a realizar o test dá positivo. Neste caso hai que confirmar o positivo cunha PCR. Así funcionan os tests rápidos que hoxe comezaron a facer de balde estas profesionais sanitarias cun protocolo escrupuloso.

Ten, iso si, que pedir antes cita na web ou no teléfono do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense.

Se está colapsada a liña, pola boa acollida que está tendo, non se preocupe, as enfermeiras estarán facendo tests serolóxicos de xeito voluntario mínimo ata o Nadal.

O obxectivo é detectar persoas que están infectadas pero non teñen síntomas, para evitar que o coronavirus se siga espallando en Ourense.

 

Noticias web

19/11/2020