CRTVG

Buscar

O Colexio de Arquitectos de Ourense pide a paralización da intermodal de Ourense

Publicado o 23/01/2020 13:52

O Colexio de Arquitectos de Ourense pide a paralización do proxecto da intermodal de Ourense e que se retome o proxecto inicial, que segundo apuntan era máis racional e máis global.

Rafael Castro, do Colexio Oficial de Arquitectos de Ourense, asegura que seguirán sendo críticos con este tipo de actuacións e que apoiarán sempre proxectos e solucións que favorezan o desenvolvemento do territorio e os intereses dos cidadáns.

Di que aínda estamos a tempo de parar este "absurdo" sen alterar para nada a chegada do AVE a Galicia.

Noticias web

23/01/2020