CRTVG

Buscar

O 'Códice Calixtino' e o 'Cancioneiro da Biblioteca Vaticana' xa están en Santiago

Publicado o 13/11/2019 15:44

O Códice Calixtino e o Cancioneiro da Vaticana xa están en Santiago. Foron recibidos esta mañá na Cidade da Cultura, onde formarán parte de Galicia un relato no mundo, a primeira gran mostra internacional do Xacobeo XXI, que abrirá as súas portas este venres.

Chegaban onte a Santiago procedentes do Vaticano. Esta mañá os técnicos da Cidade da Cutura trasladaban as pezas dende o depósito de seguridade á primeira planta do Museo Gaiás para descubrilas e facer a revisión técnica.

O Liber Sancti Iacobi é un dos tres únicos códices calixtinos iluminados que se conservan no mundo ademais do orixinal de Santiago.

Pola súa banda, o Cancioneiro da Vaticana recompila 1.200 cantigas medievais dos autores máis destacados da tradición galaica-portuguesa.

Estas dúas pezas de valor excepcional exhibiranse en Galicia, un relato no mundo, a gran mostra que acollerá a Cidade da Cultura a partir deste venres.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019