CRTVG

Buscar

Derrota do COB na pista do Oviedo por 83 a 75

Publicado o 16/01/2021 20:41

Na Liga LEB, o Ibereólica Renovables Ourense caeu esta tarde en Oviedo. Os ourensáns, que viñan dunha vitoria diante do Cáceres, comezaron gañando no primeiro parcial, pero cederon a iniciativa nos dous seguintes.

O 23-15 do terceiro cuarto, que comezaba con vitoria ovetense por un punto, resultou decisivo. O marcador final foi 83 a 75. Non abondaron os 19 puntos de Adonys Henríquez, máximo anotador do encontro.

Noticias web

16/01/2021