CRTVG

Buscar

O clúster do turismo prevé a metade de turistas que en 2019

Publicado o 27/06/2020 15:08

Cada fin de semana imos vendo un maior número de turistas nas vilas galegas. Estas imaxes pertencen a Sanxenxo esta mesma mañá. Desde o clúster do sector do turismo en Galicia teñen claro que este verán de 2020 será de pouco movemento aínda que se agarren a iso de que "o tempo dirá".

Porque fían a chegada deses turistas a ir vendo se hai ou non, e onde, rebrotes do coronavirus. Hoteis coma este de Sanxenxo viven a súa primeira fin de semana coas portas abertas. Entre os seus clientes hai procedencias diversas, Castela e León, Asturias, Madrid.

Con reservas só para esta última fin de semana de xuño algúns hoteis de Sanxenxo están ao 60% da súa ocupación.

Noticias web

27/06/2020