CRTVG

Buscar

O Clásico do Santiago Bernabéu decidirá se hai liga para o Madrid

Publicado o 02/03/2019 13:14

Os nove puntos de diferencia obrigan e moito ao Real Madrid. O clásico desta noite podería ser definitivo na loita polo título, ou quizáis non tanto.

O adestrador do Barcelona, Ernesto Valverde, dí que a liga aínda está por decidir. Está por decidir agora e estará por decidir independentemente deste resultado. O técnico do do Real Madrid, Santiago Solari, falou de intentar recortar puntos, facer un gran partido, repetir o que fixeron ben o outro día e afinar o que lles toca afinar e marcar. Refírese Solari, claro, ao encontro copeiro do pasado mércores. Superioridade no xogo, inferioridade na definición. Especialmente por parte dun Vinicius protagonista. Para Solari Vinicius ten moitas cousas positivas máis aló da súa xuventude, a súa frescura, a súa profundidade, a súa habilidade, a súa creatividade, o seu sacrificio e as súa ganas de aprender. 

Mellorar o que se pode mellorar é traballo del e de todos os que o rodean. O Barça foi moi efectivo na Copa. O seu fútbol, cun Messi case ausente, non convenceu e Valverde asume as críticas malia o contundente marcador de cero a tres. Dixo que é difícil contentar a todo o mundo. Hai veces que tiras vintecinco veces e non metes un gol e é un problema. E hai veces que tiras tres e metes as tres e hai outro problema. O clásico desta noite podería servir de desempate. Madrid e Barça gañaron 95 veces cada un desde o primeiro encontro en 1902.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/03/2019