CRTVG

Buscar

O Cisne volve gañar o derbi do Lérez ante o Teucro

Publicado o 02/11/2019 21:51

E na división de prata do balonmán, un Cisne que rozou a perfección gañou esta tarde ao Teucro por 26-33, no derbi do Lérez. A vitoria dos de Jabato cimentouse no acerto goleador de Xavi Vázquez e na actuación do gardaredes Jorge Villamarín. Pola súa banda, o Teucro pagou caros a febleza en defensa e o fallo de puntería. O Cisne acada así o liderado da categroía, cos mesmos puntos que o Teucro, aínda que cun partido menos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2019