CRTVG

Buscar

O Cisne é equipo de Asobal

Publicado o 04/05/2020 22:20

A asemblea da Federación Española de balonmán confirmou o agardado. O Cisne é novo equipo da liga Asobal. O conxunto pontevedrés consegue o ascenso e o Balonmán Cangas mantén a categoría. Haberá derbi galego na división de honra a vindeira temporada. Na categoría de prata o Teucro e Octavio xogarán contra o Embutidos Lalinense, que consegue o ascenso. Ademais na categoría feminina, o Mecalia Guardés xogará a copa EHF de acordo coa súa posición ao final da primeira volta.

Noticias web

04/05/2020