CRTVG

Buscar

O Cisne, ante o soño de ascender á liga Asobal

Publicado o 25/12/2019 22:10

O equipo revelación deste 2019 no balonmán galego é o club pontevedrés Cisne Los Sauces. Hai 5 campañas ascendeu á categoría de prata e pecha este ano como primeiro clasificado cunha cómoda vantaxe de 4 puntos sobre o segundo.

55 anos hai que se fundou o Club Cisne Balonmán. Foi no 1964. Santi Picallo. Xogador antes, presidente agora. Toda unha vida no club. Máis dende aquelas fotografías de branco e negro nunca na historia estivo nun escenario como o actual.  

Grande está a ser a temporada. Atendan aos números: 12 encontros, 11 vitorias. Líder con 4 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, e o Cisne cun partido menos. O presidente ve o vestiario tranquilo.

Xogadores que son a revelación do balonmán galego. Un equipo cunha media de idade das máis baixas da liga; un club, premiado polo traballo coa súa canteira. Camiñan con paso firme cara a Asobal, un soño cada vez máis posible.

 

Noticias web

25/12/2019