CRTVG

Buscar

O cinema galego triunfa nos Goya

Publicado o 07/03/2021 00:45
O cinema galego triunfa nos Goya

Mario Casas no momento de coñecer que gañaba o Goya

   O coruñés Mario Casas obtivo o Goya ao mellor actor protagonista polo seu traballo na fita "No matarás". Impúxose a actores consagrados como Javier Cámara ou Ernesto Alterio. Nado na Coruña en 1986, Mario Casas é un dos actores españois máis populares. Ten 25 longametraxes ás súas costas e cinco series de televisión.

O cinema galego triunfou tamén coa fita "La gallina Turuleca", Goya á Mellor Película de Animación.    Os outros premiados foron Pilar Palomero, dobre Goya á Mellor Dirección Novel e Mellor Guión Orixinal pola fita "Las niñas", que tamén se fixo co Goya á mellor película.

A vasca Patricia López Arnaiz alzouse co Goya á mellor actriz protagonista por "Ane" de David Pérez Sañudo.

Nathalie Poza obtivo o Goya á mellor actriz de reparto polo seu papel en "La boda de Rosa".
Alberto San Juan, Mellor Actor de Reparto pola súa actuación en "Sentimental".
A actriz Ángela Molina recibiu o Goya de Honor.
Salvador Calvo recolleu o Goya á mellor dirección pola longametraxe "Adú".
Fernando Trueba gañou o Goya Iberoamericano por "El olvido que seremos", unha fita colombiana.  l año del descubrimiento", de Luis López Carrasco, levouse o Goya ao mellor documental.

David Pérez Sañudo e Marina Parés Pulido recibiron o Goya ao Mellor Guión Adaptado polo seu traballo en "Ane".
Daniela Cajías logrou o premio á Mellor Dirección de Fotografía, o seu primeiro Goya, polo seu traballo en "Las niñas".
Mikel Serrano foi galardoado pola Mellor Dirección Artística polo seu labor en "Akelarre".
Sergio Jiménez alzouse co Goya ao Mellor Montaxe por "El año del descubrimiento".

A escritora, directora de cine e actriz Mabel Lozano recolleu o Goya  ao mellor corto documental por "Biografía del cadáver de una mujer".
A cantante Rozalén gañou o Goya á mellor canción orixinal pola fita "La boda de Rosa".

A cerimonia iniciouse cun minuto de silencio en memoria das vítimas da pandemia tras un emocionado discurso a cargo de Antonio Banderas, que reivindicou o cine e a cultura para sobrevivir a estes tempos de incerteza e dor.

 

Máis sobre actualidade