CRTVG

Buscar

O cineasta Carlos Saura dirixe na Coruña a escena da ópera Don Giovanni de Mozart

Publicado o 28/08/2019 21:35

A maldade e o inferno de Don Giovanni volven á Coruña da man de Carlos Saura, que muda o cine pola ópera para asinar a súa posta en escena. Unha nova versión para un mito, que nestes tempos de denuncias de abusos sexuais segue de plena actualidade.

Un personaxe tan perverso coma a aplaudida obra de Mozart e o libretista Lorenzo da Ponte, para moitos a ópera das óperas.

Na escena locen debuxos de Saura. Na música soará a Sinfónica de Galicia e voces como a do barítono Juan José Rodríguez, que debuta como don Giovanni.

Don Giovanni é un vello coñecido dos afeccionados coruñeses. A ópera estreouse por primeira vez en España hai máis de dous séculos. O trece de setembro esta nova versión inaugura a tempada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/08/2019