CRTVG

Buscar

O CHUS pon en marcha a primeira Unidade Pediátrica de Crónicos e Paliativos de Galicia

Publicado o 16/09/2019 14:46

Mellorar a calidade de vida dos nenos e das súas familias, a poder ser no seu ámbito máis habitual. É o principal obxectivo da nova Unidade Pediátrica de Crónicos e Paliativos, posta en marcha no CHUS, en Santiago. Unha iniciativa promovida polo persoal sanitario e polas propias familias, que por primeira vez se instaura nun hospital público galego.

Antonio Rodríguez Núñez, responsable da Unidade Pediátrica de Crónicos e Paliativos, explica que os equipos se van coordinar para decidir cal é mellor tratamento en cada momento.

Así un equipo de profesionais coordinados desde a UCI de pediatría colabora con pediatras de atención primaria e especialistas sanitarios de diversos campos. Ademais, a nova unidade promove a hospitalización no domicilio, especialmente importante no caso dos nenos, con soporte telefónico as 24 horas.

Andrés Núñez, pai dun dos pacientes da unidade asegura que cada novo programa ou tratamento que se implemente no marco desta unidade irá en beneficio dos dereitos dos nenos.

En definitiva, unha atención integral e máis humanizada para os 39 menores con enfermidades neurolóxicas, oncolóxicas ou doutro tipo, que os fan dependentes das altas tecnoloxías sanitarias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019