CRTVG

Buscar

O CHUAC recolle nunha exposición testemuños de persoas que padecen hemicrania

Publicado o 05/11/2019 21:16

A hemicrania é unha complexa enfermidade neurolóxica que afecta o 12% da poboación, en Galicia unhas 325.000 persoas. Provoca un empeoramento da calidade de vida, é altamente invalidante, no 90 por cento dos casos inflúe no rendemento laboral, e afecta tres veces máis as mulleres ca os homes.

Desde este mes de novembro está autorizado en España un novo tratamento biolóxico. Dirixido a personas que sufran oito ou máis días de hemicrania ao mes, está financiado pola sanidade pública española e dispensarase en hospitais.

A mostra interactiva 'Dale voz a tu migraña' achéganos á realidade cotiá destes enfermos que só queren ser comprendidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019