CRTVG

Buscar

O CHUAC atende dous lesionados medulares en 24 horas por tirarse de cabeza ao mar

Publicado o 26/05/2020 16:19

Ata a Unidade de Lesionados Medulares do Chuac chegaban nas últimas 24 horas os dous homes accidentados por tirarse de cabeza á auga. Un deles, de 31 anos, ingresaba o domingo tras tentar mergullarse nunha piscina con pouca profundidade. O outro, un mozo de 21 anos que se accidentaba na tarde de onte na praia de Nineiriños, en Cabío.

Nesta unidade de referencia en Galicia están preocupados polo número de casos. Nun só día superaron as cifras de todo un verán.

Os especilistas falan dun perfil do accidentado: normalmente trátase de varóns de pouca idade.

Evitar correr riscos e facer tolerías coma esta.

Os médicos lémbrannos que as secuelas deste tipo de lesións son irreversibles e as consecuencias para toda a vida. Moita prudencia antes de tirarse de cabeza á auga. E lembren, sempre mellor de pé.

Noticias web

26/05/2020