O Choco de Redondela competirá por primeira vez na División de Honra xuvenil
Publicado o 20/05/2020 16:22
Camiño dos seus setenta anos de historia, o Choco de Redondela competirá por vez primeira na División de Honra xuvenil.
O bo momento chegou coa paralización da competición e cando levaban unha boa xeira de resultados. Pelexaban na cabeza da clasificación e por iso o éxito ten un chisco agre.
Couñago, Bouzón, Mateo Míguez, Rubiñán..., son nomes todos eles da xenética futbolística que acubilla o Choco. Bo fútbol e mellor grupo para chegar agora ao máis alto cos máis novos.
Alberto Suárez, Pablo Couñago e Hugo Álvarez, forman a 'troika' técnica dun proxecto xuvenil que coloca a Redondela na elite.