CRTVG

Buscar

O Chicle podería obter permisos penitenciarios dentro de cinco anos tras lograr o segundo grao

Publicado o 24/01/2021 20:10

José Ignacio Abuín, O Chicle, condenado polo asasinato de Diana Quer, obtivo o segundo grao penitenciario. Na práctica, iso significa que en decembro do 2025 poderá solicitar permisos de saída.

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias retiroulle o primeiro grao para convertelo en preso común e que non estea en illamento. A obtención do segundo grao implicaría poder optar xa a permisos penitenciarios, pero a súa condición de condenado a prisión permanente revisable limita ese dereito ata que cumpra oito anos de prisión efectiva.

O Chicle leva no cárcere desde decembro de 2017. Cumpre condena na prisión de Villahierro, en León.

Noticias web

24/01/2021

Máis sobre actualidade