CRTVG

Buscar

O Chamaco senta no banco polo asasinato da muller

Publicado o 15/10/2019 14:44

Persoas que a coñecen comentan que Ana vivía nunha relación á que lle quería poñer fin. Poucos días antes do seu presunto asasinato, marchara da casa de Becerreá na que convivía co seu home, José Manuel Carballo, o Chamaco, levando canda ela os dous fillos menores que tiña dunha relación anterior.

Denuciou a súa situación nos Servizos Sociais e nunha asociación. Poucas horas antes de que o Chamaco acabase coa súa vida, Ana estivera na Casa da Muller en Lugo. Os amigos da vítima din que a Ana tamén lle fallou o sistema.

O crime cometeuse diante dos seus dous fillos menores de idade e, tamén, diante da nai del, cando o Chamaco lle disparou coa escopeta de caza polas costas. Un dos fillos de Ana quedou ferido polos disparos. Acusación e fiscalía piden 28 anos para o Chamaco.

A defensa vai pedir a absoclución do acusado.

Para a acusación, trátase dun crime machista e segundo o avogado da acusación, o único camiño para evitar estes crimes é a educación.

O xuízo, no que haberá xurado popular, comezará mañá ás dez da mañá. Media hora antes convocouse unha concentración pedindo xustiza para Ana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019