CRTVG

Buscar

O Chamaco di que quería suicidarse, pero disparóuselle a escopeta

Publicado o 16/10/2019 19:38

Disparoulle á muller cunha escopeta de caza. E este mércores recibírono no xulgado con berros de asasino. Pero José Manuel Carballo, o Chamaco, dixo que todo fora mala sorte. Que el, en realidade, quería suicidarse, pero disparóuselle a arma. Apoiándose nesta versión dos feitos, a súa avogada pide a libre absolución ou, como moito, dous anos e medio de prisión. Paloma Becerra Avogada da defensa "Entendemos que é un homicidio cometido debido ao estado mental en que se atopaba cunha eximente polos seus padecementos médicos e psiquiátricos".

Pero nin o fiscal nin a acusación particular cren a versión do Chamaco. Días antes, o home xa ameazara a vítima coa mesma escopeta. Foi entón cando ela decidiu marchar da casa cos seus fillos. Óscar Núñez Torrón Avogado da acusación particular :"Nós pedimos por 3 delitos, por un asasinato 25 anos, por malos tratos 1 ano e por ameazas 2 anos": Martina Gómez Irmá da vítima"Pedimos xustiza para a nai dos meus sobriños e xustiza para a filla da miña nai, que lla arrincaron".

Os feitos aconteceron en Becerreá en febreiro de 2016. A nai do Chamaco e os dous fillos da vítima, ambos menores, foron testemuñas. Un dos rapaces tamén resultou ferido polo disparo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí