CRTVG

Buscar

O Centro Superior de Hostalería e Galicia celebra o seu 25 aniversario

Publicado o 05/06/2019 16:51

O Centro Superior de Hostalería de Galicia está de aniversario. Xa levan 25 anos formando profesionais do sector. Neste cuarto de século, 2.500 alumnos pasaron polas súas aulas. O 85% dos diplomados en xestión hostaleira conseguiron traballo no primeiro ano, tras rematar os seus estudos, cifra que sobe ata o 100% no caso dos alumnos de gastronomía. A Xunta propón que o centro abra as súas portas aos profesionais do sector que non posúan a formación necesaria co obxectivo de ter unha hostalería de maior calidade e coa vista posta no Xacobeo 2021.

Vodas de prata dun centro clave na profesionalización da hostalería galega. O Centro Superior de Hostalería de Galicia naceu naquel 1994 que hoxe resulta afastado.

"Entón non había en Galicia un centro especializado na formación e xestión hoteleira. Fomos os primeiros. E empezamos a contribuír á mellora no ámbito do sector turístico", conta Marta Fernández, directora do centro.

Tanto no ámbito dos hoteis coma da gastronomía, da restauración. E agora son xa vinte e cinco anos formando milleiros de alumnos que hoxe traballan en destacadas empresas do sector.

"Vemos que o sector está cada vez máis profesionalizado. E estamos a facelo nun momento tan importante como é o Xacobeo 2021, que chega xa, nun par de anos", explica Marta Fernández.

Será outra grande oportunidade para demostrar a súa aposta pola excelencia.

Noticias web

05/06/2019